fecundación
(
-
s
f
Acción de fecundar.
-
[BIOL]
-
s
f
Proceso inherente á reprodución sexual, en que se produce a unión de dúas células haploides ou gametos co fin de orixinar unha célula diploide ou zigoto. Os núcleos haploides únense e o zigoto que se forma constitúe a célula inicial para o desenvolvemento dun novo individuo. En canto á procedencia dos gametos, ambos poden provir dun mesmo individuo (autogamia), ou ben se poden orixinar en individuos diferentes, como no caso da fecundación cruzada. Os gametos que se unan, aínda que se orixinen en individuos diferentes, poden ser iguais morfoloxicamente e fisioloxicamente, e nestes casos fálase de isogamia, ou ben diferentes, e entón fálase de heterogamia. A isogamia supón unha absoluta identidade sexual entre todos os individuos dunha determinada especie; isto comporta a non existencia de sexo. A heterogamia, pola contra, supón a existencia, nunha mesma especie, de dous tipos de aparatos reprodutores, o aparato reprodutor masculino, que produce un tipo de gameto pequeno e móbil, o espermatozoide, e o aparato reprodutor feminino, que produce os gametos femininos, grandes e inmóbiles, que son os óvulos; iso comporta a existencia de sexo. Se estes dous aparatos se presentan en individuos diferentes, a especie denomínase unisexual, e os seus integrantes divídense en dúas categorías, a dos machos e a das femias. Pero se ambos os aparatos coinciden nun mesmo individuo, a especie é hermafrodita, e o individuo ten os dous sexos, malia que ambos os aparatos non funcionan nunca na mesma época da vida, xa que teñen unha serie de mecanismos que o impiden. En canto ao lugar onde se produce a unión dos gametos, pode ser fóra do corpo dos individuos produtores dos gametos (fecundación externa), ou ben no interior do aparato reprodutor dun dos proxenitores (fecundación interna). A fecundación externa é a máis frecuente na maioría de especies de animais acuáticos, xa que só é posible nun medio acuático, por mor da imposibilidade de desprazamento dos gametos no medio terrestre. Nestes casos, o macho adoita carecer de órgano copulador e os gametos expúlsanse en gran cantidade durante a fase de aproximación dos individuos pertencentes a distintos sexos. A fecundación interna é exclusiva das especies heterogámicas e pode ser na auga ou na terra, con ou sen apareamento. A fecundación interna con apareamento supón a introdución directa dunha parte do aparato reprodutor masculino no interior do aparato reprodutor feminino, onde ten lugar a unión dos espermatozoides co óvulo. A fecundación interna sen apareamento consiste na expulsión por parte do macho dunha carga de espermatozoides, o espermatóforo, que é chupado pola femia. A fecundación externa ten menos probabilidades de éxito, polo que o número de gametos que interveñen é moi grande e o desenvolvemento é forzosamente ovíparo. A fecundación interna é máis segura, cun número de gametos reducido, e con desenvolvemento ovíparo, ovovivíparo ou vivíparo. Só un espermatozoide consegue fecundar o óvulo, xa que en canto se establece o contacto entre o espermatozoide e a membrana de fecundación do óvulo, esta crece, engloba o espermatozoide e impide a penetración de calquera outro espermatozoide. A cola do espermatozoide desaparece, e o óvulo é activado polo espermatozoide. Prodúcese entón a fusión das membranas, a do óvulo e a do espermatozoide, e despois a fusión dos núcleos, o emparellamento dos cromosomas homólogos que achega cada gameto e a reconstrución da membrana nuclear, que xa non é a do óvulo, senón a do zigoto, que comeza o seu desenvolvemento embrionario, para formar o novo individuo.
Sinónimos: fertilización. Confrontacións: concepción. -
fe-cundación artificial
Fecundación que ten lugar de forma allea aos procedementos estritamente naturais. Son exemplos de fecundación externa a inseminación artificial e a fecundación externa.
-
fecundación diferida
Tipo de fecundación en que o embrión se implanta no seo materno, moito despois de que teña lugar a cópula. Ten lugar nalgúns mamíferos, como corzos e visóns, e aparece como unha adaptación a latitudes frías ou temperadas.
-
fecundación externa/extrauterina/in vitro [FIV]
Técnica de reprodución asistida que consiste na fecundación do óvulo polo espermatozoide fóra do seo materno. Extráese o ovocito por medio dunha laparoscopia baixo anestesia xeral, e deposítase nun medio completo de cultivo a 37°C; ademais, recóllese o esperma masculino e póñense en contacto os espermatozoides co ovocito durante unhas horas para que se produza a fecundación. Unha vez que se realiza, transfírese o ovo fecundado a outro medio de cultivo, onde comeza a segmentación ao cabo dunhas 30 horas. O embrión en fase de blástula reimplántase no seo materno vía vaxinal sen anestesia e, se non se produce un rexeitamento, prosegue o seu normal desenvolvemento e implántase nas paredes do útero. Este procedemento está indicado en casos de infertilidade de orixe tubárica, por exemplo cando hai unha obstrución das trompas.
-
s
f
-
fecundación cruzada
[BOT]
alogamia.