concepción
(< lat conceptiōne)
-
s
f
Acción e efecto de concibir unha femia un novo ser.
Ex: O parto dunha muller adoita acontecer nove meses despois da concepción.
Confrontacións: fecundación. -
s
f
Acción e efecto de formar unha idea na mente.
Ex: A concepción da obra foi totalmente súa.
-
s
f
[FILOS]
Representación non perceptiva.
-
concepción herdada
[SOCIOL]
Corrente sociolóxica identificada cos positivistas lóxicos e cos neopositivistas dos círculos de Viena e Berlín. Por mor do auxe do nazismo alemán tiveron que exiliarse a países anglosaxóns. Os seus principais membros foron Carnap, Hempel, Reichenbach e Nagel. Entre os seus trazos definitorios destacan a idea do progreso científico como un proceso acumulativo de ampliación e perfeccionamento de teorías, a defensa do dedutivismo como modus operandi na construción de teorías sociolóxicas e a idea de unidade da ciencia, é dicir, a existencia dunha única ciencia sobre a realidade. Esta teoría comezou a discutirse a finais da década de 1950, pero en 1969, coa difusión da obra de Kuhn sobre o paradigma e a revolución científica, minguou o seu papel predominante na socioloxía.