FEGAMP
FEGAMP
[PUBLIC]
Revista trimestral da Federación Galega de Municipios e Provincias editada en Santiago de Compostela no verán de 1993. A partir de novembro de 1995 comezou unha segunda época. Dirixida por Pedro Puialto Rodríguez, tentou ser un vehículo de comunicación e de opinión das diferentes administracións públicas, empresas e particulares de Galicia interesados na problemática da administración local. Ademais de información económica e política, incluíu artigos sobre patrimonio cultural, natureza, informática e historia.