Fehling, reacción de
Fehling, reacción de
[QUÍM]
Proba realizada para detectar os azucres redutores presentes nunha solución mediante unha disolución de sulfato de cobre(II) e outra de tartrato sódico alcalino. Mestúranse estas dúas disolucións en cantidades iguais e, se hai axente redutor, aparece un precipitado de cor vermella. Descubriuna o químico alemán H. Ch von Fehling.