Fehn, Sverre
Fehn, Sverre
Arquitecto. Formouse na Escola de Arquitectura de Oslo (1949). Incorporou á arquitectura contemporánea os elementos característicos da Europa nórdica, a madeira e a pedra gris; deseñou residencias privadas caracterizadas pola conxunción entre a construción e a natureza. Autor do desaparecido pavillón noruegués na Exposición Universal de Bruxelas de 1958, da súa produción destaca o Glacier Museum, escavado na boca do fiorde Fjaerland (1991). En 1997 recibiu o Premio Pritzker.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Oslo