Feiffer, Jules
Feiffer, Jules
Dramaturgo e debuxante. Famoso polos traballos publicados na revista Village Voice, cos que en 1961 presentou o espectáculo titulado The Explainers (Explicacións), no que facía unha lectura crítica das teimas e problemas da clase media americana. Outros traballos salientables foron Feiffer’s People (A xente de Feiffer, 1968), The White House Murder Case (Asasinato na Casa Branca, 1970), Hold Me! (Cólleme!, 1977), xunto con diversos guións para cine e televisión como I want to go home (Quero volver a casa, 1990), dirixido por Alain Resnais. En galego a revista Grial publicou en 1965 o texto breve Arnold a gatas, con tradución de Ramón Lugrís Pérez.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nova York