Feigl, Herbert

Feigl, Herbert

Filósofo austríaco. Doutorado en Filosofía pola Universidade de Viena, formou parte do Círculo de Viena. En 1930 trasladouse aos EE UU, onde desenvolveu unha teoría filosófica baseada no empirismo lóxico. Das súas obras destacan Theorie und Erfahrung in der Physik (Teoría e experiencia en física, 1929) e The mental and the physical (O mental e o físico, 1958).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Reichenberg

  • Deceso

    Lugar : Minneapolis