feita

feita

(< lat facta)

s f

Xenios acuáticos femininos, semellantes ás sereas, que viven no río Miño entre Arbo e Melgaço e meten medo ás persoas dunha e outra beira. Cando alguén está a coller peixe nas pesqueiras ou a cruzar o río, se contesta ás preguntas destes seres afoga e fica nas augas profundas para sempre, por teren rachado o silencio ritual requirido nestes casos. Daquela, representan un gran perigo que hai que combater co silencio e nunca se debe contestar ás súas preguntas. Para evitar a tentación, débese cruzar cun obxecto apertado entre os dentes.

Ex: As feitas son as que valen e non o que se di facer.

Citas

  • As feitas son as que valen e non o que se di facer.

Frases feitas

  • 2 A mantenta, a propósito. Ex: Foi alí á cousa feita.

  • Á cousa feita. 1 Certamente.

  • Daquela feita. Desde aquel tempo, desde aquela data.

  • Desta feita. Desta vez, desta ocasión. Ex: Desta feita quedades sen cobrar.

  • Onde vai a feita. Hai moito tempo. Ex: Onde vai feita que casaron.