feiticeira

feiticeira

(< feiticeiro)

s f

Xenios acuáticos femininos, semellantes ás sereas, que viven no río Miño entre Arbo e Melgaço e meten medo ás persoas dunha e outra beira. Cando alguén está a coller peixe nas pesqueiras ou a cruzar o río, se contesta ás preguntas destes seres afoga e fica nas augas profundas para sempre, por teren rachado o silencio ritual requirido nestes casos. Daquela, representan un gran perigo que hai que combater co silencio e nunca se debe contestar ás súas preguntas. Para evitar a tentación, débese cruzar cun obxecto apertado entre os dentes.

Palabras veciñas

Feit-Thompson, teorema de | feita | feita | feiticeira | feiticeiro -ra | feiticería | feitío