feiticería
feiticería
(
-
s
f
Acción de realizar feitizos ou encantamentos.
Ex: Coas súas feiticerías conseguiu que dixese a verdade.
-
s
f
[ESOT]
Conxunto de prácticas máxicas para poñer ao servizo do home as forzas sobrenaturais, a cargo de individuos que se moven impulsados polos espíritos. O feiticeiro vela polos intereses da súa comunidade, para o que queda moi ligado aos bos espíritos, a diferenza dos bruxos que, aínda que empregan técnicas análogas, actúan protexidos polos espíritos malignos.
Ex: A feiticería require unhas calidades e unha aprendizaxe especial.
Confrontacións: bruxería, maxia.