feitizo
feitizo
(< lat facticĭu)
-
s
m
Acción e efecto de enfeitizar.
-
s
m
[ESOT/ETN]
Práctica, fórmula ou dito co que se quere conseguir algo empregando medios sobrenaturais ou máxicos. Tradicionalmente, este ritual realizábao un feiticeiro que simulaba establecer un pacto co demo. A finalidade que se perseguía podía ser boa ou mala; desde sandar a alguén dunha doenza grave ou conseguir o amor da persoa desexada, ata producir un dano, tanto material como espiritual. O mal só podía cesar por decisión da persoa que o provocara ou mediante o emprego de armas defensivas como os ouriños ou a saliva, medios tamén empregados contra o mal de ollo.
-
s
m
Atractivo exercido por unha persoa ou cousa.
Ex: Co feitizo da súa mirada conquistounos a todos. O feitizo dese cadro está na luz.