maxia

maxia

(< lat magīa < gr μαγεία)

  1. s f

    Ciencia oculta que pretende producir efectos coa axuda de seres sobrenaturais ou de forzas secretas da natureza e que poden ser utilizadas por todo o mundo que coñece as súas prácticas. Isto é o que a diferencia da bruxería. Distínguese entre maxia branca ou ilusionismo, que ten a finalidade de facer fuxir os malos espíritos ou de gardar as persoas que non sexan as súas víctimas; e maxia negra, unha arte que pretende someter os malos espíritos e as forzas sobrenaturais maléficas para facelos instrumentos de empresas homicidas. No mundo antigo Persia foi considerada o centro principal das prácticas de maxia. Na Italia renacentista fixéronse moitas prácticas de maxia que nalgúns casos estaban relacionadas coa alquimia. No s XVIII o racionalismo eliminou estas prácticas dos grupos sociais máis evolucionados. Os elementos principais da arte da maxia son as palabras ou as formas máxicas de carácter simbólico, as medicinas ou substancias máxicas, o rito e as condicións en que se debe recibir esta maxia. A maxia comprende tres funcións: produtiva, protectora e destrutora.

  2. s f

    Arte de facer trucos e xogos que se basean na rapidez e axilidade de quen os realiza.

  3. s f

    Encanto que posúen algunhas cousas que as fai parecer atractivas.

    Ex: A maxia do espectáculo aparvou o público.

    Sinónimos: feitizo.

Palabras veciñas

maxestático -ca | maxestoso -sa | maxi- | maxia | maxiar | máxica | máxico -ca