máxico -ca
máxico -ca
(< lat magĭcu)
-
-
adx
Relativo ou pertencente á maxia.
-
adx e s
Que ou quen exerce a maxia.
-
pensamento máxico
[PSIC]
Pensamento que se cre que está dotado de forza para modificar ou cambiar a realidade. É común en diversos trastornos psiquiátricos, sobre todo nas reaccións obsesivo-compulsivas e na esquizofrenia.
-
adx
-
adx
Que produce un efecto positivo ou marabilloso.
Ex: Tes que descubrir o mundo máxico dos libros.
-
número máxico
[FÍS]
Número de protóns ou de neutróns dun núcleo atómico que fai que unha capa enerxética quede completa, feito que confire ao núcleo unha grande estabilidade. Os números máxicos son 2, 8, 20, 28, 50, 82 e 126.