Feitos e Xeitos
Feitos e Xeitos
Publicación universitaria editada en Vigo en decembro de 1991 polos alumnos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. O seu obxectivo principal era dar conta das novidades que acontecían na facultade e, en xeral, en todo o recinto universitario. Ademais, incluíu cartas dos propios lectores, artigos sobre política e economía, temas culturais, ocio e deportes, cunha atención especial ás ligas deportivas universitarias.