Feixoo, pazo de

Feixoo, pazo de

Construción situada en Santa María de Baamorto (Monforte de Lemos). Ten planta en forma de L e capela, con espadana, unida ao edificio. A fachada principal sitúase nun dos lados menores do corpo máis desenvolvido. Na parte posterior transformouse a solaina nunha galería; consérvase tamén unha escaleira que dá acceso á planta nobre.