feldespatoide
feldespatoide
(
s
m
[MINERAL]
Grupo de minerais formado por aluminosilicatos de sodio e potasio que aparecen en lugar do feldespato, cando o magma orixinal presenta un defecto de sílice. Os máis comúns son a leucita (KAlSi2O6) e a nefelina (NaAlSiO4). Os ácidos atácanos con moita facilidade, polo feito de que a reacción entre aluminio e silicio é rápida. Están presentes nas rocas volcánicas e plutónicas.