fenazina

fenazina
Nome científico: [C<sub> 12</sub> H<sub> 8</sub> N<sub> 2</sub> ]
s f [QUÍM]

Composto aromático heterocíclico nitroxenado que se pode considerar derivado da p-diazina. Preséntase en forma de cristais aciculares amarelos, de punto de fusión 171°C, solubles en ácidos minerais e insolubles practicamente en auga. Obtense da anilina que se quenta a 140°C con hidróxido sódico e nitrobenceno. Este núcleo está contido en numerosos colorantes que pertencen á serie dos colorantes azínicos, como a mauveína e o negro de anilina.

Palabras veciñas

fenantreno | fenaquistiscopio | fenato | fenazina | fenciclidina | fenda | Fenda Filmes S C L