fenciclidina
fenciclidina
Nome científico:
[1-(1-fenilciclohexil)piperidina]
s
f
[QUÍM]
Psicofármaco cunha potente acción anestésica e analxésica. É un po branco cristalino, soluble en auga e alcohol, cun sabor amargo. Empezouse a fabricar arredor de 1950 como anestésico intravenoso, pero deixouse de utilizar con este fin a partir de 1965 polos seus efectos secundarios, aínda que se seguiu empregando como droga. Nun rexistro coloquial coñécese coa expresión po de anxo.