fenilhidrazina

fenilhidrazina
Nome científico: [C<sub> 6</sub> H<sub> 8</sub> N<sub> 2</sub> ]
s f [QUÍM]

Derivado fenílico da hidrazina, cun punto de ebulición de 244°C. É unha base forte, moi redutora, que se presenta en forma de líquido oleoso. É tóxica, cunha acción hemolítica e con produción de eccemas. Obtense por redución dunha solución de sal de diazonio da anilina con outra de cloruro de estano e ácido clorhídrico a baixa temperatura. Emprégase na manufactura de colorantes, de antipirina e como reactivo de azucres, aldehidos e cetonas.

Palabras veciñas

fenilbutazona | fenilcetonuria | fenileno | fenilhidrazina | fenílico -ca | fenilmercúrico, acetato | fenilo