Fénix
Fénix
[ASTRON]
Constelación austral situada entre a do Forno e a do Tucán, que contén poucas estrelas visibles. Os astros máis brillantes son α-Phoenicis, de magnitude 2,4, situado a unha distancia de 76 anos-luz e que pertence á clase espectral G5, e β-Phoenicis, binario de magnitude 3,35, situado a unha distancia de 180 anos-luz e que pertence á clase espectral G4.