Fenn, John B
Fenn, John B
Químico. Estudiou química na Yale University, na que se doutorou en 1940. Foi profesor de enxeñería mecánica e ciencias aeroespaciais na Princeton University e de ciencias aplicadas e química na Yale University ata a súa xubilación en 1987. Investigador da Virginia Commonwealth University dende 1994, recibiu o Premio Nobel de Química en 2002, que compartiu con K. Tanaka e K. Wüthrich, polo desenvolvemento de métodos para a identificación e a análise da estrutura de macromoléculas biolóxicas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nova York