fenomenoloxía

fenomenoloxía

(

s f [FILOS]

Corrente filosófica que estudia os fenómenos e que mantén que o obxecto da filosofía é a captación intelectual das esencias das cousas. Considera a realidade como algo esencialmente relativo ou subxectivo, a diferenza dos positivistas ou da filosofía científica. Xurdiu como unha teoría do coñecemento pero derivou co paso do tempo cara a unha forma de idealismo. O primeiro en falar da fenomenoloxía do espírito, como a metamorfose da propia conciencia en itinerario cara ao saber absoluto, foi G. W. F. Hegel. Mais, foi coa obra de E. Husserl cando se desenvolveu como a ciencia que leva a cabo unha volta ou retorno ás cousas mesmas. M. Merleau-Ponty describiu a filosofía fenomenolóxica ou existencial como unha tarefa, non para explicar o mundo, senón para formular unha experiencia do mundo que preceda a todo pensamento sobre el. Trala Segunda Guerra Mundial converteuse nunha corrente filosófica de grande importancia e foi cultivada, entre outros filósofos existencialistas, por M. Heidegger e J. P. Sartre.

Palabras veciñas

fenomenista | fenómeno | fenomenólogo -ga | fenomenoloxía | fenomenolóxico -ca | fenoplasto | FENOSA