fenómeno

fenómeno

(

  1. s m
    1. Aquilo que se aparece ou se manifesta e que é obxecto do coñecemento.

      Ex: Os fenómenos meteorolóxicos adversos poden provocar accidentes.

    2. Suceso de calquera tipo.

      Ex: O aumento da violencia é un fenómeno preocupante para a sociedade.

    3. [FILOS]

      Cousa captada pola sensibilidade que pode ser explicado pola ciencia; I. Kant contrapúxoo a noúmeno ou cousa en si que se referiría a aquel tipo de realidades que, existindo, están máis alá das nosas posibilidades de coñecemento científico, como poden ser Deus e a alma.

  2. s m

    Persoa ou cousa que presenta calidades extraordinarias ou fóra do común.

    Ex: No equipo hai un xogador que é un fenómeno.

    Sinónimos: portento, prodixio.
  3. s m

    Ser que presenta algún tipo de anormalidade.

    Ex: Atoparon unha árbore que polas súas características é un fenómeno.

  4. fenómeno estocástico

    Todo evento que posúe unha correlación entre os anteriores e os posteriores.