Fernan do Lago

Fernan do Lago

Xograr galego. Posiblemente orixinario de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa), cultivou a súa poesía entre o segundo cuarto e finais do s XIII. Parte da crítica teno identificado con Fernand’Esquio; pero, o máis probable, é que ambos pertenzan a grupos poéticos con características diversas. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Vaticana (V) só transmitiron unha cantiga da súa autoría, “D’ir a Santa Maria do Lagu’ei gram sabor”, aínda que V lle atribúe erroneamente dúas estrofas da composición de Airas Paez “Por vee-lo namorado que muit’á que eu non vi”.