Fernan Garcia Esgaravunha

Fernan Garcia Esgaravunha

Trobador portugués, membro da liñaxe dos Sousa, fillo de Garcia Mendiz d’Eixo e irmán do conde Gonçalo Garcia. Debeu nacer a comezos do s XIII. Ata 1247 -ano en que se atopa na Beira apoiando o conde de Boloña e desafiando a Martin Gil de Soverosa, partidario de Sancho II- é probable que se ausentase de Portugal e frecuentase a corte castelá nos tempos de Fernando III. Sendo Rei Afonso III, ocupou o cargo de tenente de Maia e morreu arredor do 1251. Autor de vinte composicións -ningunha delas recollida no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana-, desenvolveu a súa actividade poética cara ao segundo cuarto do s XIII; escribiu dezaoito cantigas de amor e dúas de escarnio.