Fernán Núñez
Fernán Núñez
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía (9.442 h [1996]). É un importante centro de produción olivareira e aceiteira. De orixes prehistóricas, formou parte do territorio da cidade iberorromana de Ulia e en época musulmá da coroa cordobesa. Ao ser conquistada polos cristiáns (s XIII) pasou a denominarse como o seu conquistador, o alcaide e alguacil de Córdoba, Fernán Nuñez. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, os xacementos iberorromanos de Valdeconejos e Mudapelo, o palacio ducal de Fernán Nuñez, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) xunto co seu contorno en 1983, e a igrexa de Santa Marina de Las Aguas Santas (s XIV), declarada BIC en 1985.