Fernández Alonso, Bieito
Historiador e comerciante. Formado no seminario de Ourense, foi mestre na escola de Sampaio, para despois dedicarse ao comercio. Exerceu como cronista da cidade de Ourense e presidente da Asociación da Prensa e do Orfeón ourensán. Foi un dos fundadores do Museo Arqueolóxico Provincial e conservador do mesmo, vogal da xunta de goberno da Escola Provincial de Artes e Oficios e da xunta de protección da infancia e da instrución pública. Foi deputado provincial por Viana do Bolo (1904) e polo Barco de Valdeorras (1904), e un dos representantes da cidade de Ourense no comité organizador do Congreso Gallego-Americano (1909). Colaborou en varias publicacións e escribiu, entre outras obras, El río Limia y sus contornos (1879), Armas de Orense (1891), Guerra hispanolusitana (1893), El Pontificado gallego: crónica de los obispos de Ourense (1897), Los judíos en Orense (1904) e Orensanos ilustres (1916). Foi membro correspondente da Real Academia de la Historia (1894), da Academia de Bellas Artes y Ciencias Históricas de Toledo (1921), da Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona e numerario e fundador da Real Academia Gallega.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Entrimo -
Deceso
Lugar : Ourense