Fernández Álvarez, Manuel Santiago

Fernández Álvarez, Manuel Santiago

Escritor. Coñecido como Manuel Forcadela, doutorouse na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1992). Profesor de lingua e literatura galegas, colabora en distintas publicacións (Dorna, A Nosa Terra, Nordés, Clave Orión, A trabe de ouro, Coordenadas). No eido da creación dramática é autor dun texto, A pedra do tempo (ou Santiago, Santiago), publicado na Revista Galega de Teatro en 1997, e que deu lugar a un espectáculo homónimo creado pola compañía de monicreques Tanxarina en 1993. Publicou no ámbito do ensaio, tradución, poesía, narrativa e crítica literaria. Da súa produción destaca Ferida acústica de río (Premio Celso Emilio Ferreiro 1981), O regreso das ninfas (1985), O varredor de outono (Premio Leliadoura 1987), A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (1988), Sangue sobre a neve (1990), Paisaxe con muller e barco (Premio Manuel García Barros 1990), Nausícaa (1992), Barato, barato (1991), Contos interruptus (1992), Fóra de xogo (1993), Manual e Escolma da Nova Narrativa Galega (1993), A poesía de Eduardo Pondal (1994), A equipaxe do azar (1994), A armada invencible (1996), A poesía galega de posguerra (1997), A morte do fadista (Premio Espiral Maior 2000), Refutación da musa (Premio da Aula de Poesía de Barcelona e Premio de la Asociación Española de Críticos Literarios 2001) e Lámpada e medusa (Premio Esquío de Poesía 2002).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Forcadela, Tomiño