Fernández Blanco, Manuel

Fernández Blanco, Manuel

Empresario. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidad de Bilbao (1972), comezou a súa carreira profesional como analista de sistemas na firma viguesa Gispert SA (1973-1976). En 1979 accedeu ao consello de administración do grupo CUPIRE-PADESA, do que se converteu en director xeral, e no 2001 foi nomeado conselleiro-delegado. Baixo a súa dirección, o grupo valdeorrés, tradicionalmente dedicado en exclusiva á elaboración de lousa para a construción, iniciou un proceso de expansión comercial que o levou a ser o primeiro produtor mundial de pedras ornamentais, grazas á apertura e consolidación de novos mercados de exportación para a lousa e á súa introdución noutros sectores, como o graniteiro. Forma parte das xuntas directivas das principais asociacións profesionais do ramo, como a Asociación Gallega de Pizarristas, a Federación Nacional de Pizarra e a Federación Nacional de Piedra Natural, e presidiu a delegación española no grupo de traballo de cubertas de lousa do Comité Europeo de Normalización.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sobradelo, Carballeda de Valdeorras