Fernández Calvo, Raniero

Fernández Calvo, Raniero

Fotógrafo. Comezou a traballar con formatos de 4,5 x 6, 6 x 9, 6,5 x 12 e 35 mm. Participou por vez primeira nun concurso fotográfico en 1929. Durante a Guerra Civil española tomou diferentes imaxes das frontes nas que estivo cunha cámara Retina. En 1946 participou activamente na fundación da Agrupación Fotográfica Galega, da que foi presidente (1954-1969) e na que dirixiu o seu boletín informativo. Foi o impulsor en Vigo de El Banco del Celuloide ou Cinemateca e, na década dos sesenta, un dos fundadores do Cine Club Vigo, do que tamén foi presidente. A partir de 1970 realizou unha serie onde incluíu ourivería relixiosa e diversos elementos etnográficos como hórreos e cruceiros; ademais especializouse en imaxes nocturnas de Santiago de Compostela e Vigo. Tivo un papel destacado na I Fotobienal de Vigo (1984). En 1996 celebrouse unha exposición monográfica sobre a súa obra. Recibiu o premio de honra no IV Concurso Rexional da Agrupación Fotográfica Galega (1953) por unha imaxe titulada “Esteiro”.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo

  • Deceso