Fernández Cortés, Xosé
Fernández Cortés, Xosé
Dirixente sindical anarquista. Alcumado o Callobrés, colaborou en Solidaridad Obrera, voceiro da anarquista Confederación Regional Galaica. En maio de 1931 fundou o Grupo Ácrata Liberación, que ao ano seguinte se reconvertería no Centro Cultural Obrero de Betanzos, co obxectivo de elevar a cultura popular mediante a celebración de conferencias e outros actos culturais e a difusión de literatura e prensa diversa; foi elixido presidente da sociedade a principios de 1933. En 1932 foi elixido secretario xeral do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT, e da Federación Comarcal de Sindicatos Únicos de Betanzos, ata a súa dimisión a mediados de 1934, data na que foi detido nos sucesos de outubro.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Betanzos