Fernández de Castro, Pedro o da Guerra
Fernández de Castro, Pedro o da Guerra
(? - Algeciras 1343) Señor de Lemos, fillo de Fernán Ruiz de Castro. Criado e educado na corte de Afonso IV de Portugal, retornou a Galicia en 1320. En 1328 foi nomeado encomendeiro da cidade de Lugo e dos seus coutos e pertegueiro maior do arcebispado de Santiago de Compostela. Adiantado Maior de Galicia, o monarca concedeulle (1332) o título de señor de Lemos, xunto co de mordomo de palacio e coa concesión dos bens que os templarios tiñan nos reinos de Galicia e León.