Fernández de Moratín, Leandro

Fernández de Moratín, Leandro

Dramaturgo, fillo de Nicolás Fernández de Moratín. De formación autodidacta, foi secretario de Francisco Cabarrús en Francia e protexido de Manuel Godoy, a quen lle presentou diversos proxectos relativos á necesidade de promover o ensino teatral e a constitución dun Teatro Nacional. Representante do neoclasicismo español, da súa produción destaca La derrota de los pedantes (1789), El viejo y la niña (1790), La comedia nueva o El café (1792), El barón (1803), La mojigata (1804) e El sí de las niñas (1806), textos en que propón unha fonda renovación das estruturas sociais dun país dominado pola forza e o peso da tradición e o inmobilismo. Tradutor de Shakespeare e Molière, tamén escribiu diversos tratados teóricos, como o seu estudo Los orígenes del teatro español, publicado en 1883.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid

  • Deceso

    Lugar : París