Fernández Ferreiro, Xosé
Xornalista e escritor. Licenciado en Ciencias da Información, foi correspondente de ABC, colaborador en diversas publicacións e prensa como Grial, Vieiros, La Vanguardia e Destino, e redactor de Faro de Vigo, La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. Membro fundador do grupo Brais Pinto, cultivou a poesía e a narrativa. Da súa produción destaca Ribeirana do Sil (1952), A noite (1959), A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo de Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1982), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (Premio Xerais de Novela 1991), A cidade das chuvias (1994), O conto da boa e da mala pipa (1996), Co medo nas mans (1997), O atentado (1999) e Millo verde (2002). Recibiu o Premio Galicia de Xornalismo (1985).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nogueira de Ramuín