Fernández Gómez, Antonio

Fernández Gómez, Antonio

Pintor. Emigrou a Brasil onde comezou a desenvolver a súa vocación de pintor e instalouse en São Paulo. En 1901 viaxou a Nápoles e Roma, onde estudiou a arte clásica e, en Antícoli, coincidiu con outros artistas españois. Agobiado polas débedas regresou en 1903 a Galicia e, ao ano seguinte, trasladouse a Madrid coa intención de ser discípulo de Sorolla, pero só se dedicou a copiar os mestres españois do Museo del Prado e a asistir a clases de debuxo no Círculo de Bellas Artes. Regresou a Brasil e instalouse en Santos, onde realizou a súa primeira exposición individual en 1905. Os fracasos económicos, que non da crítica, foron a tónica das súas primeiras exposicións en São Paulo e Rio de Janeiro, ata que en 1907 conseguiu triunfar en Belén do Pará. Nesta época vendeu, Docas do mercado de Santos, Anaruxa, Icarahy, Pedra dos ladrões e Barbasán pintando en Antícoli, e moitas outras tanto da súa época italiana como brasileira. Dende entón realizou viaxes a España, onde se presentou a diversos certames, e a Italia, onde pintou A volta ao curro e Venres Santo. En 1929 volveu a Galicia, onde entrou en contacto cos intelectuais galeguistas e comenzou a colaborar, en distintas publicacións como, en El Heraldo Guardés, Nuevo Heraldo, El Agro de Tomiño, Vida Gallega, Pueblo Gallego e Blanco y Negro, tanto na faceta de escritor como na de autor dalgunhas portadas. Desta época destacan Na ribeira do Miño, Touriña mamando, Afiador e paragüeiro, Almiñas, Cristo, Touriña no eido, Na feira, Horta e Castelo de Goián. Coa Guerra Civil viviu diversas vicisitudes e saídas do país ata que volveu instalarse en Galicia. Desde entón afastouse dos circuítos artísticos e entregouse a debuxar a paisaxe da súa terra natal. A súa derradeira exposición tivo lugar en Vigo en 1964. O seu estilo pode adscribirse a un realismo italianizante amable e fotográfico; a súa temática estivo dominada por bucólicas paisaxes e elementos da vida da natureza como flores e animais.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Goián

  • Deceso