Fernández Groba, Indalecio

Fernández Groba, Indalecio

Director musical e compositor. Realizou estudios musicais no Real Conservatorio de Música de Madrid e en 1963 ingresou no corpo de directores de bandas de música civís. Posteriormente, trasladouse a Suíza, onde residiu quince anos, e alí dirixiu a Harmonie Ste. Cecile d’Orbe, Unión Instrumental de Payerne e a Harmonie Municipale de Monthey. Foi profesor cantonal de música para cursos de perfeccionamento no cantón de Vaud, profesor nas escolas de música de Moudon e Payerne e do Conservatorio de Friburgo. Dirixiu concertos en Tübingen, Múnic, Stuttgart, Dijon, Nîmes, Baune, Basilea, Alstatten, etc. Dende o seu regreso a España (1979) ata o seu nomeamento como director da Banda Municipal de Música da Coruña, foi director titular da Banda Municipal de Música de Lugo. Conta con varias gravacións discográficas, é autor do himno Ville de Payerne e das súas composicións destaca A Freixa, A ruliña, Panxoliña, Saúdo e O cantar do vento. Director en varias ocasións da Banda Municipal de Música de Madrid, obtivo o Premio Extraordinario de Contrapunto e Fuga e Diploma de primeira clase do Real Conservatorio de Madrid (1963), o II Premio no Concurso de Composición da Federación Suíza de Bandas de Música, o Collier de Ronce na Fête de la Vigne de Dijon (1970) e foi galardoado con diversos premios de interpretación coas bandas de música de Payerne e Moudon.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Guláns, Ponteareas