Fernández Guitián, Luis

Fernández Guitián, Luis

Músico. Comezou os seus estudios musicais na Escola de Música de Sober (1975) e continuounos no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, onde obtivo o título de profesor de clarinete e o diploma elemental de óboe. Os estudios superiores realizounos no Conservatorio de Vigo. Foi profesor no Conservatorio de Música de Ribadavia, onde creou e dirixiu unha banda xuvenil de música. Posteriormente deu clases no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, onde dirixiu a banda dese centro, e foi profesor de clarinete no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, clarinetista da Banda Municipal de Ourense e director da Banda e da Escola de Música de Sober dende 1997, onde tamén creou a Banda Xuvenil de Música. Concelleiro de cultura de Sober, e cofundador da Feira do Viño de Amandi (1981), publicou diversos artigos en xornais e revistas sobre a música de banda e compositores para banda, e a antoloxía poética Poemas a Laura (2002).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sober