Fernández Latorre, Xoán

Fernández Latorre, Xoán

Político, editor e xornalista. Sarxento de artillería, foi sometido a un consello de guerra por mor duns artigos críticos co exército. Despois de varios procesos na súa contra, exiliouse en Francia. Tralo seu regreso e coa proclamación da Primeira República, foi elixido deputado polo distrito de Granollers en representación do Partido Republicano. Neses anos traballou como correspondente de El Imparcial en París e colaborou en El Demócrata. Posteriormente trasladouse á Coruña, onde fundou La Voz de Galicia o 4 de xaneiro de 1882. En colaboración con Martínez Salazar fundou a Biblioteca Gallega, da que saíron 52 volumes. Deputado polo distrito de Ortigueira (1891-1912), foi subsecretario de Gobernación (1905 e 1910), director xeral de Obras Públicas (1906) e gobernador civil de Madrid (1910-1912). Ademais, ocupou o cargo de presidente da Asociación de Periodistas de Madrid, socio de honra da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e correspondente da Real Academia Gallega. Entre outras condecoracións, recibiu a Cruz de Isabel la Católica e a de oficial da Lexión de Honra Francesa.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso

    Lugar : Madrid