Fernández Refojo, Miguel

Fernández Refojo, Miguel

Químico. Doutorouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1956) e especializouse na química de polímeros orgánicos na Yale University (1956-1959). Posteriormente traballou no desenvolvemento de córneas artificiais e outros implantes oftálmicos no Massachusetts Eye and Ear Infirmary (Boston). En 1964 entrou na Retina Fundation onde continuou cos seus traballos sobre materiais sintéticos para uso oftálmico, especialmente no estudo de materiais para as lentes de contacto. En 1971 converteuse no xefe do laboratorio de polímeros biomédicos de The Schepens Eye Research Institute (Boston) e en 1998 científico emérito da mesma institución. Entre outras distincións, recibiu o título de doutor honoris causa en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1988) e o Pergamiño de Honra e Louvanza da fundación do Patronato do Pedrón de Ouro (1997).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela