Fernández Ríos, Xavier
Artista plástico. Coñecido como Xavier Ríos, a súa obra moveuse entre a dualidade da pintura e da escultura, do orgánico e do xeométrico, e do concreto e do abstracto, que lle permiten analizar o espazo e os seus elementos. Realizou exposicións en cidades galegas e participou, entre outras mostras, en diversas convocatorias de Novos Valores (Pontevedra), Bienal Pintor Laxeiro (Lalín), Certame de Pintura de Cambre, De Costa a Costa (Gran Teatro de La Habana, 1998), Arte e Solidariedade (2000) e Brétema (Pontevedra, 2001). Recibiu, entre outros galardóns, a Bolsa Novos Valores da Deputación de Pontevedra (1995), o I Premio de Esculturas Artistas do Morrazo (1997) e o III Premio de Pintura Salón de Outono da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1998). A súa obra está presente, entre outras coleccións, na Deputación de Pontevedra, no Museo Ramón María Aller de Lalín, na Colección Caixanova e en Caja Madrid.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Moaña