Fernández Rivas, Eduardo
Pintor. Estudiou pintura e debuxo con Salvador Querolt (1961-1966) e na Escola de Artes e Oficios da Coruña (1966-1971). Nos seus comezos cultivou o retrato. O seu interese polo antigo Exipto reflíctese na súa obra, que se define polo expresionismo e as tonalidades cromáticas. Realizou exposicións individuais en diversas cidades galegas, en Madrid, Nova York e Italia, e participou, entre outras mostras colectivas, nas feiras Euroart 97 e 98 (Barcelona), na Feria Internacional de Arte de Boloña (1998) e foi seleccionado nas Mostras Internacionais de Arte 2001 de Florencia e Roma (2001). Recibiu, entre outros galardóns, o segundo premio da Exposición provincial de Educación y Descanso celebrada en Ferrol (1962), a Mención Honorífica La Terraza (A Coruña, 1963) e o Gran Premio Internacional de Arte de Roma, Galería Il Collezionista (2001). Dende 2000 é académico da Accademia Internazionale Greci Marino di Lettere, Arti e Scienze de Vinzaglio (Novara).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sada