Fernández Rodríguez, Julio

Fernández Rodríguez, Julio

Produtor cinematográfico. Emigrou a Catalunya en 1960 onde se dedicou primeiramente aos negocios inmobiliarios. Posteriormente adquiriu a marca Filmax. Tamén se dedicou á produción, primeiro con participacións minoritarias e posteriormente como produtor, con títulos como Fotos (E. Quiroga, 1996), Los sin nombre (J. Balaguero, 1999) ou Tierra de fuego (M. Littin, 1999). A finais dos anos noventa creou unha filial específica para esa actividade, Castelao Films. Dentro da mesma puxo en marcha Fantastic Factory, sección dedicada ao cine fantástico e de terror. No ano 2000 creou Brent Entertainement, empresa especializada en animación, con sede en Santiago de Compostela. Como distribuidor destaca o seu labor na difusión de películas en versión galega nas salas comerciais, que comezou con O pico das viúvas (J.Irving, 1993). Recibiu a Medalla Castelao (2002).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cereixo, A Fonsagrada