Fernández-Albalat Lois, Andrés
Arquitecto. Doutor en Arquitectura e catedrático emérito da Universidade da Coruña. A súa obra pode cualificarse de funcionalista e relaciónase coa obra de Mies van der Rohe. Destacan, entre outras construcións, a planta embotelladora de Coca Cola e a SEAT na Coruña, o complexo de Sargadelos, as sedes do Banco Bilbao na Coruña e Pontevedra, o Centro de Cálculo de Caixa Galicia, a rehabilitación da Casa Museo de Rosalía de Castro, a Escola de Idiomas e o Conservatorio da Coruña. Foi decano do Colegio de Arquitectos de León, Asturias e Galicia, e o primeiro en ocupar o mesmo posto ao crearse o COAG (1973-1979). Colaborou en Boletín Académico da ETSA, Luzes de Galicia, Coruña paraíso del turismo, On diseño, Obradoiro e, entre outras obras, en R. González Villar e a súa época (1975), Isaac Díaz Pardo: un proxecto socio-cultural para Galicia (1990) e Xosé Bar Boo, arquitecto (1996). Pertenceu á Real Academia Galega, Academia Galega das Ciencias, Real Academia de Doctores, Museo Carlos Maside, Instituto José Cornide e Patronato Rosalía de Castro. Recibiu en 1994 a Medalla Castelao.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña