Fernández-España Fernández-Latorre, María Victoria
Xornalista, escritora e política. Neta do deputado liberal e fundador de La Voz de Galicia Xoán Fernández Latorre, asinaba os seus artigos como Victoria Armesto. Graduouse na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid (1949). Foi correspondente en EE UU (1950-1955) e Bonn (1956-1966) de La Voz de Galicia; ademais colaborou con Pueblo e a revista Semana. No eido político exerceu como deputada pola Coruña no Congreso na lexislatura constituínte (1977-1979) por AP, na I lexislatura (1979-1982) por Coalición Democrática (CD) e na II lexislatura polo PP (1982-1986) e polo Grupo Mixto (marzo-abril 1986). Escribiu Dos gallegos, Feijoo y Sarmiento (1964), Galicia feudal (1969), Verbas galegas (1973) e Los liberales coruñeses (1996). Entre outros galardóns, en 1970 recibiu o Pedrón de Ouro concedido polo Patronato Rosalía de Castro e o premio Concepción Arenal polo seu traballo “Concepción Arenal e nós”.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Madrid