Fernández-Pacheco Fernández, Miguel

Fernández-Pacheco Fernández, Miguel

Ilustrador e escritor. Coñecido como Miguel Ángel Pacheco, acadou o doutoramento en Belas Artes pola Escuela de San Fernando de Madrid. Traballou como deseñador de cubertas de Anaya-Educación e na área de deseño da facultade de Belas Artes de Salamanca. O seu labor centrouse no eido da literatura infantil e xuvenil como autor, ilustrador e deseñador gráfico. Colaborou en programas infantís de televisión e ideou e escribiu diversas series de libros infantís con J. L. García Sánchez. Entre outros premios recibiu o Premio Lazarillo de Ilustración (1973), por Maestros de la fantasía; Premio Nacional de Ilustración (1980), pola colección Gracias a...; Premio Nacional de Ilustración (1983), por La Bella y la Bestia; Premio Lazarillo de Literatura Infantil y Juvenil (1996), por Los zapatos de Murano; e Premio Internacional de Ilustración da Fundación Santa María (2000) e Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil (2001), por Verdadera historia del perro Salomón.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Jaén