Fernando III

Fernando III

Emperador do Sacro Imperio Xermánico (1637-1657), rei de Hungría (Fernando III; 1625-1657) e de Bohemia (Fernando III; 1627-1657), fillo do Emperador Fernando II. Cabeza dos exércitos imperiais na Guerra dos Trinta Anos trala morte do xeneral austríaco A. von Wallestein (1634), tomou Ratisbona e participou na Batalla de Nörd-lingen (1634), onde foron derrotados os suecos. Seguidor da política do seu pai fronte aos Borbóns e á Contrarreforma, as continuas derrotas obrigárono a asinar a Paz de Westfalia (1648).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Graz

  • Deceso

    Lugar : Viena