Fernando IV o Emprazado
Rei de Castela e León (1295-1312), fillo de Sancho IV e María de Molina. Trala morte do seu pai (1295), herdou o trono, aínda que non reinou ata 1301, cando foi declarado maior de idade. Durante o goberno da súa nai, a nobreza galega, asturiana e leonesa organizaron varias conspiracións fallidas nas que chegaron a coroar o infante Xoán de Tarifa como rei de Galicia, Asturias e León (1296) e que supuxeron a perda para Galicia das súas cortes e da súa representación nas cortes castelás. Asinou a sentenza arbitral de Torrellas, na que se fixaron os límites co Reino de Aragón, e o Tratado de Alcalá de Henares (1309), polo que os reinos de Portugal, Aragón e Castela estableceron un plan conxunto para acabar co Reino de Granada, que culminou coa toma de Xibraltar.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sevilla -
Deceso
Lugar : Jaén