Fernão Lopes
Cronista oficial da corte portuguesa durante os reinados de Xoán I e Duarte, e a rexencia do infante Pedro. Ocupou o cargo de garda das escrituras da Torre do Tombo (1418-1454). Escribiu tres crónicas: Crónica de El-Rei D. Pedro, Crónica de El-Rei D. Fernando e Crónica de El-Rei D. João (1644). Dividiu esta última en dúas partes: na primeira narra os acontecementos ocorridos desde a morte de Fernando I (1383) ata a proclamación de Xoán I como rei (1385) e a segunda trata os feitos acontecidos durante o seu reinado (1385-1433) ata a paz con Castela (1411); a terceira parte sería completada por Gomes Eanes de Zurara. Para a elaboración desta crónica valeuse de obras narrativas portuguesas e castelás, sobre todo, que analizou con rigorosidade para acadar unha maior verosimilitude. Fronte aos outros cronistas medievais, non se limitou a compilar, senón que someteu todas as fontes documentais tradicionais a unha revisión metódica e crítica para ofrecer unha visión variada de todos os aspectos sociais da vida nacional portuguesa da época; así mesmo, amosa gran coñecemento das obras clásicas e cristiás medievais, e dos procedementos retóricos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lisboa -
Deceso