ferramenta
(
-
s
f
[TECNOL]
Obxecto feito para unha acción determinada e utilizado directamente pola man para actuar sobre a materia, ao tempo que asegura un bo contacto coa man para obter un control preciso da operación e realizala comodamente. Unha primeira clasificación das ferramentas permite agrupalas en prénsiles, como ganchos, tenaces, pinzas ou pas, e percusoras, como machados, punzóns ou martelos. A evolución das ferramentas segue dous camiños ligados estreitamente: a evolución por perfeccionamentos sucesivos, chamada ortoxénese, e o avance por mutación dunha ferramenta noutra.
Confrontacións: aparello, instrumento, til, utensilio. -
s
f
Conxunto de instrumentos empregados na realización dun traballo ou oficio.
Ex: A empresa deulle a ferramenta que precisaba para traballar.
Sinónimos: ferramental. -
s
f
Órgano copulador masculino.
-
s
f
Aquilo que se emprega para conseguir un fin determinado.
Ex: O diálogo social é a mellor ferramenta para resolver o conflito.
Sinónimos: instrumento.
Refráns
- A mala serra non corta a madeira.
- Ben varre a vasoira nova, mais logo se volve vella.