Ferreira, Manuel Pedro

Ferreira, Manuel Pedro

Compositor e crítico musical. Licenciouse en Filosofía na Universidade de Lisboa e doutorouse en Musicoloxía na University of Princeton (EE UU). Profesor na Escola das Artes da Universidade Católica Portuguesa, é membro do Centro de Estudos de Sociologia e Estética Musicais da Universidade Nova de Lisboa, do equipo interdisciplinar de investigación sobre a Catedral de Braga e do equipo de estudios sobre canto gregoriano do CERIMM (Francia). Co-fundou o GRUPO-Animação Musical, co-dirixiu o Conselho Português da Música e coordinou as publicacións Informação Musical (1981-83) e Arte Musical (1986). Escribiu música para teatro, cine e para diversos conxuntos de cámara, especialmente vocais. En 1995 fundou o grupo “Vozes Alfonsinas”, dedicado sobre todo á divulgación da música medieval e renacentista, co que gravou The Sound of Martin Codax (1986), Cancioneiro da Biblioteca Publia Hortensia de Elvas (1989) e Porto 714: Um manuscrito precioso (2001). Dirixiu a publicación facsimilada do Cancioneiro de Elvas e recibiu o Prémio de Ensaísmo Musical do Conselho Português da Música por O Som de Martin Codax (Lisboa, 1986). Entre as súas obras musicolóxicas destacan O Som de Martin Codax. Sobre a dimensão musical da lírica galego-portuguesa (séculos XII-XIV) (1986) ou Cantus Coronatus Sete cantigas d’amor de Dom Dinis, Rei de Portugal e dos Algarves (1991-1994). Tamén publicou numerosos artigos e comunicacións, como “A importancia do Pergamiño Vindel” (1998), “A música das cantigas galego-portuguesas: balanço de duas décadas de investigação 19778-1997” (1998), “Apresentação da Lírica Galego-Portuguesa” (1993), “Afinidades musicais: as cantigas de loor e a lírica profana galego-portuguesa” (1997), “Música e acentuação nas cantigas d’amigo”(1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lisboa